Proxecto Plan Valora
"Mellorar en igualdade para previr a violencia de xénero"
(Premiado na convocatoria 2006-2007)

Decálogo de xénero
Curso 2005-2006

A linguaxe: vehículo de discriminación no Centro

Listado películas sobre igualdade

Traballar sobre a película
"Mi vida en rosa"

Fragmento

Traballar sobre a película
"Billy Elliot"

Trailer
Traballar sobre a película
"Agua"

Traballar sobre a película
"Moolade"

                        Desde o curso 2.000 – 01 un grupo de profesoras e profesores vimos traballando entre nós e co alumnado para facer unha escola verdadeiramente coeducadora e para avanzar na igualdade de oportunidades de mulleres e homes; nese curso elaboramos dúas unidades didácticas baseadas no visionado das películas “Mi vida en rosa” de Alain Berliner e “Billy Elliot” de Stephen Daldry.
                        No curso 2.001 – 02 presentamos varios murais de gran formato, realizados de xeito colectivo polo alumnado de E.S.O. nas clases de Educación Plástica con motivo do día 8 de marzal; estes traballos estiveron expostos nos corredores do instituto.
                        No curso 2.002 – 03 continuamos apoiándonos na área de Educación Plástica para realizar, de novo, traballos gráficos e deseños relativos o día da Muller Traballadora; este ano participaron tamén as alumnas e alumnos de 2º   de Bacharelato de Artes con elaboración de cómics, a partir dun texto da obra “Casa de muñecas” de Henry Ibsen.
                        No curso 2.003 – 04 embarcámonos nun proxecto experimental, ofrecido polo SGI a dous institutos de Galicia, o noso e o “Otero Pedraio” de A Coruña; consistía en traballar con toda a comunidade educativa, pais e nais, profesorado e alumnado, baixo o título de “Prevención da violencia de xénero na poboación adolescente”.
Un equipo multidisciplinar, dirixido por Erick Pescador, responsabilizouse deste proxecto que durou de novembro a maio.
                       
No curso 2.004 – 05 voltamos a decorar os corredores do instituto pero non só o día 8 de marzal; comezamos xa o 25 de novembro, día “Contra a Violencia de Xénero”.
                        No curso 2.005 – 06 decidimos constituir, outra volta, un grupo de traballo dependente do CEFORE, formado por 10 profesoras e profesores para afondar no tema “Organización e funcionamento dun centro educativo desde unha perspectiva de xénero e multicultural”; como resultado sairon tres aportacións elaboradas en pequenos grupos: Multiculturalidade, Violencia entre iguais e Discriminación sexista na linguaxe no ámbito educativo.           
                       
No curso 2006 – 07 presentamos o proxecto Mellorar en igualdade para previr a violencia de xénerodentro do Plan Valora – Igualdade, que resultou premiado e permitíunos comezar a levar a práctica no noso centro as conclusións do traballo do ano anterior, expresadas a modo de decálogo.
                        No curso 2007-2008 decidimos continuar traballando a prol da igualdade dentro do Plan Valora, de novo, para afondar en aspectos que quedaron iniciados como os obradoiros de corresponsabilidade, a biblioteca de igualdade ou a implicación das familias pero para abordar, fundamentalmente, os cambios necesarios do estereotipo masculino.  Presentamos un proxecto para desenvolver ao longo de dous cursos, 2007-2008 e 2008-2009, titulado "Máis alá dos xéneros", no que ainda estamos comprometidos un amplo grupo de profesores e profesoras do noso centro.

                     No curso 2008-2009 rematamos o proxecto "Mais alá dos xéneros", que dou pé a un gran número de actividades e moi diversas, que foron recollidas nunha completa memoria realizada polo coordenador do proxecto, Manuel Rozados e pola Vicedirectora, Luisa Fernanda Aris. Durante este mesmo curso quedou incluído o "Decálogo ou Propostas para un bo funcionamento do centro desde unha perspectiva de xénero" no PEC do noso Instituto, e coñecimos os resultados da enquisa realizada pola Sociedade Galega de Sexoloxía ao alumnado do centro sobre "Educación e hábitos sexuais na adolescencia".
                        No curso 2009-2010 continuamos a consolidar os "Obradoiros de corresponsabilidade" que desde hai varios anos vimos realizando no mes de marzo, coincidindo coa celebración do Dia Internacional da Muller Traballadora; e tentamos conseguir unha maior implicación das familias neste tema coa colaboración dos obradoiros realizados desde o Servizo Municipal de Benestar Social, así como coa colaboración da ANPA en todas estas actividades. 
                        No curso 2010-2011 dimos un novo pulo ao traballo dentro do centro coa créación dunha comisión ou grupo de profesorado que, coordinado por dúas profesoras responsables deste tema no seo do Consello Escolar, impulsa, propón e organiza as diversas actividades que ao longo do ano imos realizando; e ademáis coa intención de dar a estas propostas un carácter interdisciplinar e de interrelación cos outros proxectos que existen no centro como o Proxecto Lector, o Proxecto Lingüístico e o Plan de Convivencia de xeito que a coeducación e a igualdade de homes e mulleres sexa algo transversal e presente no día a día do noso centro escolar.
                       No curso 2011-2012,  os esforzos de anos anteriores continuaron a enraizar dentro da nosa comunidade educativa, e deste xeito no reaxuste que tivemos que realizar no equipo directivo polo traslado a outro centro da profesora Luisa Fernanda Aris, que viña desempeñanado a función de vicedirectora, foi substituida pola profesora Belén Herrero, mantendo así a paridade na composición do equipo directivo.
                        O recoñecemento a nosa andaina pola iguladade e a coeducación teñen sona e por iso formamos parte da Mesa Municipal contra a Violencia de Xénero, representando aos centros de secundaria; un intento máis de xuntar vontades que eliminen as desigualdades entre homes e mulleres, comezando polo ensino.  
                       Ademáis o noso centro foi premiado, xunto con outros dous centros galegos, na convocatoria do Premio Irene: La paz empieza en casa, convocado polo Ministerio de Educación, pola nosa trayectoria e compromiso na educación para a igualdade de homes e mulleres.
                       Neste curso 2012-2013, continuamos a traballar neste eido, a través do recén crado Plan PROXECTA  para desenvolver as competencias básicas e a educación en valores, no Programa QUÉROTE+, responsabilidade da Consellería de Traballo e Benestar.
                        E de salientar a implicación de todo o equipo directivo na procura destes valores.

                    Outubro 2012

A directora:
 Lola Varela Salgado
                                                                                 

 Material diverso para traballar sobre este tema

 

ARQUIVOS AUDIOVISUAIS

Resumo de actividades a prol da igualdade

Curso 2000-2007

Paneis e comics
2002-2003  8 de marzo

Violencia de xénero
Murais 25 de novembro 2004-2005

Proxecto Plan Valora "Máis alá dos xéneros" (Premiado na convocatoria 2007-09)

25 de novembro

Obradoiros de corresponsabilidade


8 de marzo
"Non sen elas"

Preguntas concurso 8 de marzo

Móvete contra a violencia de xénero

Mulleres na filosofía (Bach)

8 de marzo 2º ESO

8 de marzo 4º ESO

I Certame microrrelatos

Premios IRENE

Álbum 25 novembro contra a violencia de xénero 2012

Blog Educando en Igualdade

Rosalía de Castro e as súas contemporáneas

Mais...

Principal | O Centro | Estudios | Docentes | Actividades | A cidade | Enlaces | Correo