A Cidade


Pontevedra

Situación Xeográfica

Mapa do municipioO municipio de Pontevedra esténdese polo fondo da ría do seu nome, ocupando os vales fluviais do Lérez e o Tomeza; cara ó sur, chega ata a desembocadura do río Verdugo en Pontesampaio. Aséntase rodeado de catro sectores montañosos separados entre si por dúas fallas, unha de dirección meridiana e a outra NL-SO polo quye transcorre o leito do río Lérez; localízase entre 42º 20' e 42º 30' de latitude norte e entre 81º33' y 8º'41' de lonxitude oeste. Limita ó norte cos municipio de Barro, Moraña e Campo Lameiro, ó leste cos de Cotobade e Ponte Caldelas; ó sur cos de Soutomaior, Vilaboa e Marín, e ó oeste co de Poio e a ria do seu nome. A extensión do Concello é de aproximadadmente 117 kilómetros cadrados, alongándose de norte a sur case 20 kilómetros.

Clima

Praia de Portomaior, BueuO seu clima é temperado chuvioso como o da maior parte da costa occidental galega, pero con peculiaridades derivadas da súa localización ó fondo da ría e da posición dos macizos montañosos que enmarcan as depresións do municipio con relación ás masa de aire que se moven con frecuencia do Atlántico cara á península. As temperaturas son agradables ó longo de todo o ano (invernos suaves e veráns non demasiado calorosos), cunha temperatura media anual duns 15 graos e unha amplitude térmica media duns dez graos, valor escaso debido á proximidade do mar.

Poboación

Igrexa da PeregrinaPontevedra é, ó mesmo tempo, capital de provincia, partido xudicial, cabeceira de comarca e municipio, e componse da cidade e de quince parroquias rurais cunha poboación total de 85000 habitantes, o que supón unha densidade elevada (635 habitantes por kilómetro cadrado), dos que 55.000 residen no núcleo urbano e 30.000 no rural.

Ollar un fermoso video de Pontevedra en fotos


Principal | O Centro | Estudios | Docentes | Actividades | A cidade | Enlaces | Correo