O Centro


I.E.S. "A XUNQUEIRA I"

          O instituto A Xunqueira 1 foi inaugurado no ano 1978, é un centro de secundaria onde se imparten o 1º e o 2º ciclos da ESO, as tres especialidades de Bacharelato, un CM de Laboratorio e o 1º curso dun PCPI. Conta con 62 profesores e profesoras e con 9 persoas desempeñando as tarefas de administración e servizos.
          Está situado no Campus Universitario de Pontevedra e foi o primeiro centro que implantou a ESO na cidade e o único co Bacharelato de Arte e cunha Orquestra e Coro de afamada reputación.
          Conta tamén cunha longa traxectoria de participación en programas (PROA, Plan Valora-Igualdade, Interreg, Comenius,…) e en actividades innovadoras (Seccións Bilingües, programa CUALE, Obradoiros de Corresponsabilidade,…) e de intercambios europeos.
          Os datos que definen ao alumnado do Centro son que o 11 % do alumnado da ESO naceu fora de España, o que reflicte o elevado número de inmigrantes que acuden ás súas aulas. O alumnado pertence a 23 países distintos, predominando os nacidos en Brasil, Colombia, Marrocos, Arxentina e Suiza. Isto determina que a barreira idiomática á hora de integrar é complicada por ser alumnado procedente de países sen dominio do castelán ou o galego.
           É importante vencellar ao alumnado co centro, conseguir que se integre na dinámica do Instituto e ofrecerlle actividades que complementen a súa formación.
          Dadas as características particulares do noso centro, que recolle alumnado de moi distintas procedencias (do ámbito rural, urbano e alumnado inmigrante) é de vital importancia o traballo pola integración e pola convivencia.
          Por outra banda o nivel de conflictivade nas aulas é mínimo, nos últimos anos apenas houbo conflictividade na convivencia no centro, xa que de 600 rapaces e rapazas matriculados só existen 10 ou 12 casos considerados disruptivos, sendo destacable os hábitos de respeto mutuo, traballo e responsabilidade que se reflicte nunha convivencia pacífica e tranquila en xeral, o que permite o desenrolo de moitas actividades extraescolares e complementarias como club de lectura, teatro, música, competicións deportivas, informática e saídas e visitas frecuentes a distintas exposicións e museos.
          Aínda así, iniciamos este curso 2012-2013 un Plan de formación permanente do profesorado en centros que inclúe, ademais da mellora do profesorado nas TICs, unha liña de traballo sobre a mellora da convivencia nas aulas e a posibilidade de levar a cabo un programa de mediación escolar dado o interese amosado por parte do profesorado e da dirección do centro ante esta boa medida preventiva.

Unha aula da ESO Biblioteca

Secretaría Sala de profesores

Principal | O Centro | Estudios | Docentes | Actividades | A cidade | Enlaces | Correo